HISTÓRICAS SIMETRÍAS
HISTÓRICAS SIMETRÍAS
Supoño que as formas nas que a vida se manifesta son producto do chou, pois a causalidade - aquelo de esto é por aquelo e cousas polo estilo- se me antolla que é o resumo de casualidades e que ao cabo as cousas, e aquí chamo cousa a calquera cousa incluíndo as ideas, as basoiras, os bicos,...son só parcialmente predecibles pola estatística, que á sua vez hai que entendela como procura das regularidades do azar . Todo isto creo que xa é sabido así que aporto pouca novidade. Todos coincidiremos en que se nos fixamos ben tamén as novidades, logo de que se producisen, atópanse con alguén que afirma: Iso xa era visto!; polo que nada é plenamente novedoso.
Todo esto ben a conto porque estamos no centenario da cidade, dun papel asinado por alguén que por nacemento foi rei e que quixo atorgar título a un lugar habitado que un momento antes de que aquel estampase o seu cruño apenas se tiña figurado nos mapas e que, estou por apostalo, dito rei non coñecía nin por fotos.
Neste centenario se coincide cos cen anos de constitución duna empresa de cervexa e doutra de auga mineral. Observade a curiosa simetría: dúas bebidas-caemos no paralelismo- unha con alcohol e outra sin, é aí a cara e cruz. Neste centenario tamén se conmemora en Noruega os cen anos do pasamento de Ibsen, personaxe coñecido por tódolos nórdicos e máis alá. Non vou decir que se festexa o seu cen cavodeano porque podería ser mal interpretado.O señor ese era escritor e segundo recontos de visitas no google e de items adicados, Casa de Bonecas é a súa obra teatral máis coñecida.
Fixémonos agora no noso centenario, o da vila, aquí vaise abrir unha casa con bonecas – e non me estou a referir a unha tenda de xoguetes para nenos, nen nunha sana competencia á oferta de damas de compañía- Fálase dun museo. Voltamos a atopar primeiro paralelismo: Ibsen e a súa obra, Ribeira e a súa casa de bonecas, neste caso en obras. Para o lector deixo o descubrir a simetría.
Aínda non temos calexón do gato con espellos pero sí unha excelente posta en escea do traxe novo do emperador. Todo casual, como a vida mesma.
