Tamén o mar esperta coa resaca
É temporal de Entroido.Esperta o océano cun sol e sombra nas areas espidas do Vilar.Unha marea de marmuracións puxa por enchelo cope de faladurías. Hoxe fuxe o arghaso nun disfrás de mascarita. Cun ve-la mañá a bordo e catro máis catro máis corrixo o rumbo e marco as cartas de naveghar imprimidas polo Heráclito Fournier de turno. Isco un mesclado con corpo de home e roupa de muller, así como a augha ardente apághase co quinito, e un señor e unha señora e un pan cunha simiente e catro máis catro máis polos que están no máis alá. Platón fuxe da caverna e volta escorrentado por unha sombra. O sorriso do ghato perdeuse e disfrazouse de choqueiro. ¿Que fas Darwin?. Deixa de faselo mono e fártate de anises e catro máis catro máis e catro puntos cardinales e catro putos cardenales e catro xunto os militares e catro untos animales. Deixate de murghas. Non teño sede,vou marear. Non sei que lúa vai ou ven pero hoxe ata o mar ten resaca.

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home